Aire para o Arenteiro co sufrido triunfo diante do Móstoles (2-1)
Aire para o Arenteiro co sufrido triunfo diante do Móstoles (2-1)
Raúl Blanco e Zanelli marcaron para os do Carballiño
O Arenteiro logrou un triunfo fundamental na súa pelexa por acadar a permanencia contra o Móstoles. Gañou por 2-1, saiu de postos de descenso directo e achegouse ao que pode ser un rival directo no treito final da competición.
O partido chegou con empate sen goles ao descanso. Ao pouco de comezar a segunda metade marcou Raúl Blanco cun remate cruzado. O partido estaba controlado polo Arenteiro pero unha xogada desgrazada entre Portela e o porteiro Diego García aproveitouna Álvaro Sánchez para empatar na única ocasión do Móstoles ata ese intre no segundo tempo. O Arenteiro non desesperou e a quince minutos do final Zanelli cabeceou á rede un centro de Eimil, o noveno gol da temporada para o brasileiro.