Alcaldes dos concellos polos que pasa a N-541 reclámanlle ao Goberno que mellore a estrada
Alcaldes dos concellos polos que pasa a N-541 reclámanlle ao Goberno que mellore a estrada
É unha reclamación que vén de vello, pero que agora colle forza a raíz do dramático accidente do bus que se precipitou ao río Lérez, en Pedre
O alcalde de Cerdedo-Cotobade xa fixera unha petición ao Goberno Central para reclamar un plan integral de mellora da seguridade
Agora si, aínda que algunha ausencia. Tras unha hora de reunión hoxe quedou constituído o Pacto de Pedre
A N-541, unha das vías de comunicación entre Pontevedra Lugo e Ourense, é unha das máis perigosas de España. Unha vía con varios puntos negros onde se teñen producido varios accidentes, sobre todo cando chove. O último ano rexistráronse máis dun cento. O máis grave foi o acontecido esta Noiteboa, no viaduto de Pedre. Caeu un autobús ao Lérez e morreron 7 persoas. Un plan de mellora da seguridade viaria ao que agora se suman moitos dos alcaldes dos concellos polos que pasa a N-541.
En homenaxe ás vítimas do autobús acaban de asinar o pacto de Pedre. Comprométense a loitar xuntos pola mellora urxente desta vía.