Alcoa acorda con Endesa un plan de subministración enerxética renovable a dez anos
Alcoa acorda con Endesa un plan de subministración enerxética renovable a dez anos
O convenio ofrece unha tarifa eléctrica estable e competitiva e grazas a el crearanse 60 postos de traballo
Endesa asina con Alcoa un preacordo para subministrarlle enerxía verde durante dez anos. A subministración comezará no 2024 cando Alcoa prevé reiniciar a súa produción na planta de San Cibrao, tras a parada de dous anos.
O convenio ofrece unha tarifa eléctrica estable e competitiva e grazas a el crearanse 60 postos de traballo. Endesa asumirá este preacordo a través dos proxectos de enerxía eólica. É o terceiro acordo enerxético da alumineira tras os asinados con Greenalia e Capital Energy.
Boa nova para o comité de empresa
O comité de empresa de Alcoa San Cibrao considera que este preacordo é “fundamental” para que la fábrica de aluminio primario poda reanudar a súa actividade produtiva a partir de 2024.
O presidente del comité de empresa, José Antonio Zan, afirmou que se trata dunha “moi boa noticia”, porque ao fixar ese preacordo a subministración de Megawatts en base, supón que a compañía eléctrica “os vai entregar, sexa cal sexa a produción dos parques eólicos” cos que Endesa pretende garantir a subministración.