Alemaña súmase ao proxecto de interconexión enerxética H2Med
Alemaña súmase ao proxecto de interconexión enerxética H2Med
Participará no hidroduto de hidróxeno verde que unirá España, Portugal e Francia
O H2Med esténdese a Alemaña. Berlín participará no hidroduto que unirá España, Portugal e Francia para transportar hidróxeno verde por Europa.
É un dos anuncios cos que rematou o cumio francoalemán que reuniu os gobernos de ambos os dous países en París. Un encontro en que as partes mostraron unidade fronte ás súas diferenzas en materia de defensa e enerxía a raíz da invasión de Ucraína.
Scholz ratificou o apoio indefinido a Kíiv con todos os medios necesarios. Se ben seguiu sen aclarar se permitirá o envío dos tanques Leopard 2 alemáns.
Macron, que non excluíu mandar tanques franceses, admitiu que estas decisións deben axustarse ao criterio de non provocar unha escalada no conflito. O presidente francés subliñou que nos próximos días seguirán estudando esta petición de Kíiv co resto dos aliados.