Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alertan da circulación de billetes falsos en Ourense

Alertan da circulación de billetes falsos en Ourense

Ante a alerta xerada, algúns negocios optaron por equiparse con dispositivos para detectar billetes falsos

Parroquia de Santa Teresita, en Ourense Parroquia de Santa Teresita, en Ourense
G24.gal 06/05/2022 14:23

Veciños e comerciantes da parroquia ourensá de Santa Teresita alertan da circulación de billetes falsos na zona.

A propietaria dun bar do barrio descubriu que un cliente lle pagara a consumición cun billete falso de dez euros. Era unha persoa descoñecida na zona que marchou en canto lle pediron explicacións.

E esta mesma semana, outros dous individuos espertaron sospeitas entre os veciños ao intentaren cambiar, sen éxito, un taco de billetes en varios locais da zona.

Ante a alerta xerada, algúns negocios optaron por equiparse con dispositivos para detectar billetes falsos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade