Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez confirman ao xuíz as presións a Jenni Hermoso

Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez confirman ao xuíz as presións a Jenni Hermoso

Ningunha delas accedeu a atender os medios que as esperaban ás portas dos órganos xudiciais

G24.gal 02/10/2023 13:43 Última actualización 02/10/2023 14:49

As xogadoras da selección Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez confirmaron ante o xuíz as presións que a súa compañeira Jenni Hermoso denuncia sufrir por parte de Luís Rubiales e a súa contorna para que xustificase publicamente o bico que este lle deu tras a final do Mundial en Australia.

As tres internacionais declararon este luns durante aproximadamente unha hora cada unha ante o xuíz da Audiencia Nacional que investiga ao expresidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) por delitos de agresión sexual e coaccións a Jenni Hermoso.

Segundo informan a EFE fontes xurídicas, as futbolistas ratificaron ao longo das súas respectivas comparecencias os feitos que denunciou a Fiscalía na súa querela contra Rubiales, como as presións que Jenni e a súa contorna sufrirían por parte do expresidente da RFEF e o seu círculo máis próximo para que dixese que o bico foi consentido.

As xogadoras do Barça, Alexia Putellas e Irene Paredes, declararon por videoconferencia desde a Cidade da Xustiza de Barcelona, mentres que a porteira do Real Madrid, Misa Rodríguez, compareceu nas instalacións da Audiencia Nacional, en Madrid.

Ningunha delas accedeu a atender aos medios que as esperaban ás portas dos órganos xudiciais. "Síntoo, non podemos", sinalou Alexia Putellas, a quen os Mossos d'Esquadra acompañaron, xunto a Irene Paredes, tanto na entrada como na saída do edificio xudicial, algo inusual.

As declaracións seguirán a próxima semana. Xa como investigados están citados para o 10 de outubro o exseleccionador feminino Jorge Vilda e o director de Mercadotecnia da Federación, Rubén Rivera. O 16 comparecerá, tamén como investigado, o director deportivo Albert Luque.

En canto a Jenni Hermoso, o xuíz quere tomarlle declaración de xeito presencial. De momento non hai data.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade