Cargando resultados...
Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez declaran ante o xuíz do caso Rubiales
Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez declaran ante o xuíz do caso Rubiales
Dúas comparecerán por videoconferencia e unha, de forma presencial
Preguntaranlles tanto polo bico non consentido a Jenni Hermoso como sobre as supostas coaccións durante a celebración do Mundial
Foto EFE
G24.gal
02/10/2023 13:29
Última actualización 02/10/2023 13:34
O xuíz do caso Rubiales vailles tomar declaración este luns a tres xogadoras da Selección. Alexia Putellas, Irene Paredes e Misa Rodríguez están citadas ás dez da mañá como testemuñas. Dúas comparecerán por videoconferencia e unha, de forma presencial.
Preguntaranlles tanto polo bico non consentido a Jenni Hermoso, á que seguían na fila na entrega dos trofeos, como sobre as supostas coaccións durante a celebración do Mundial.
Para a semana que vén declarará o exseleccionador Jorge Vilda, pero como imputado.