Publicador de contidos
Publicador de contidos

Máis de 15.000 menores teñen cita para vacinarse este domingo en Galicia

Máis de 15.000 menores teñen cita para vacinarse este domingo en Galicia

A maioría van poñer a segunda dose pero tamén hai convocados nenos que tiñan a primeira picada pendente

G24.gal 13/02/2022 15:00

Recibir as felicitacións dos superheroes e a vacina no día do aniversario coincídelle só a uns poucos. En Ourense están citados uns 1.200 nenos de 10 a 11 anos para poñer a segunda dose da vacina pediátrica de Pfizer.

Dos algo máis de 15 mil cativos convocados en toda Galicia uns 2.500 teñen a cita na Cidade da Cultura. A maioria veñen completar a pauta e iso tranquiliza as familias.

Hai que seguir tendo precaución pero algo de máis tranquilidade dá.

Ao ir ao colexio cos demais nenos ao estar vacinada aínda que o colla que non sexa de gravidade.

Lévano pasado moi mal, non quería saír da casa por medo a enfermar.

Nós temos un máis pequeno que lle tocará nunhas semanas, é o que queda se queremos saír disto

Os máis pequenos, os que teñen cinco anos, deberán esperar aínda unhas semanas para poder poñer a segunda.

A enfermeira que coordina o equipo,  María José Parrado Alonso,  di que a vacinacion infantil  quedará finalizada na primeira ou segunda semana de marzo.

Máis do 81 por cento dos cativos xa recibiron unha dose e nesta xornada hai convocados 850 cativos que teñen aínda pendente a primeira picada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos