Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alonso, a piques de lograr a tan desexada 33

Alonso, a piques de lograr a tan desexada 33

Gran segundo posto, no que se chegou a soñar coa vitoria ao final da carreira

G24.gal 27/08/2023 20:33

Carreira de tolos nos Países Baixos pola meteoroloxía. Un ollo miraba o radar e o outro ás rodas. Na que os pilotos perdían por momentos a visibilidade, o control, chocaban e nin sequera eles a razón sabían...

Foi unha tortura para todos agás para un que sorría  

O coche de Fernando Alonso voaba, rápido e fácil de conducir. Dicía. Como medra en situacións extremas. Así que cando arrancou a carreira co asfalto mollado e todos con pneumáticos brandos, de seco. Cando na terceira curva Alonso zampou por dentro a Albon e a Rusell, a carreira apuntou a gran día. 

Unha volta despois Alonso confirmouno, pasou a Norris e colocouse segundo. Pero co paso das voltas, o tempo mellorou e os Red Bull tomaron o mando. Así foi ata as últimas voltas. Cando volveu chover. A esgalla. 

Aí saíu Checo, que ía de segundo, e a organización decidiu deter a proba. Quedaban sete voltas.

Na resaída Verstappen non deu opción e Alonso acabou no segundo posto e coa volta rápida.

O de Aston Martin rematou entusiasmado e anunciando aos seus que están preto de comezar a gañar carreiras. Gasly foi o terceiro e Sainz acabou quinto.    
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos