Cargando resultados...
Álvaro García Diéguez, a proposta para presidir o Deportivo a partir do 17 de xullo
Álvaro García Diéguez, a proposta para presidir o Deportivo a partir do 17 de xullo
Álex Bergantiños, Carlos Ballesta e Michelle Clemente Escotet son tres ex-xogadores que estarán no Consello
Mantense David Villasuso con respecto á etapa anterior
G24.gal
08/07/2023 15:37
O Deportivo acaba de anunciar esta mañá a súa proposta para o novo Consello de Administración que terá que ser aprobada na Xunta de Accionistas do vindeiro día 17.
O presidente sería Álvaro García Diéguez, economista e director xeral de Abanca Seguros. É profesor na Facultade de Ciencias Económicas da Universidade da Coruña. David Villasuso sería o Secretario dun Consello en que estarán Álex Bergantiños, Carlos Ballesta, a ex-xogadora do Deportivo Abanca e da selección venezolana Michelle Clemente Escotet e o licenciado en Actividade Física e Deporte Vicente Fernández Rodríguez.