Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amnistía Internacional acusa a España e Marrocos de crimes na traxedia de Melilla

Amnistía Internacional acusa a España e Marrocos de crimes na traxedia de Melilla

Elevan a un mínimo de 37 o número de persoas mortas durante o salto ao valado do 24 de xuño

Sinalan as forzas de seguridade dos dous países por uso de forza ilexítima ou omisión de auxilio médico 

G24.gal 13/12/2022 13:07 Última actualización 13/12/2022 13:34

Amnistía Internacional (AI) sostén que as forzas de seguridade marroquís e españolas despregadas para impedir o salto ao valo de Melilla o 24 de xuño en que morreron, segundo esta entidade, polo menos 37 subsaharianos, cometeron crimes contra o dereito internacional como a omisión do auxilio médico aos feridos, homicidios, torturas ou expulsións colectivas.

Elevan a 37, como mínimo, o número de falecidos, e din que hai outras 77 persoas das que non se sabe nada dende o intento de salto. Conclúen que España e Marrocos cometeron crimes de dereito internacional e sinalan directamente a policía dos dous países. 

Din que usaron a forza de forma ilexítima e que Marrocos priorizou mover os cadáveres a salvar a vida dos feridos. Falan de crueldade e incumprimento dos dereitos humanos.

Tamén critican as investigacións posteriores. Din que foron inadecuadas e que denotan encubrimento e racismo.

O director de AI en España, Esteban Beltrán, dixo que o Goberno español "parece que tratou de encubrir os feitos": non iniciou unha investigación de oficio, colabora "de mala gana" coa Fiscalía, "exonerou" as forzas de seguridade e mentiu.

Cando está preto de facer seis meses da traxedia, o documento, elaborado con declaracións de testemuñas e sobreviventes, así como imaxes e outros indicios examinados desde ese día e ata outubro, denuncia un "uso xeneralizado de forza ilexítima polas forzas de seguridade marroquís e españolas" mesmo despois de que os migrantes estivesen baixo control policial.

Conclúe que tanto os axentes marroquís como españois usaron porras, pelotas de goma e de forma reiterada gas lacrimóxeno, ademais de propinar golpes e patadas a persoas que xa estaban inmobilizadas "nun espazo cercado do que non tiñan forma de escapar".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade