Alertan de que o delito que substiúe o de sedición poida criminalizar a protesta pacífica
Alertan de que o delito que substiúe o de sedición poida criminalizar a protesta pacífica
A proposta de PSOE e Podemos superará este xoves o seu primeiro exame no Congreso
O PP forza unha votación a viva voz para que os deputados do PSOE teñan que retratarse
Amnistía Internacional alerta de que a reforma do Código Penal para eliminar o delito de sedición e substituílo polo de desordes públicas agravadas podería "criminalizar a protesta pacífica".
Unha advertencia que fai no día en que a proposta de PSOE e Unidas Podemos vai pasar o primeiro exame no Congreso. Aprobarao con nota. A maioría do Congreso vaille dar luz verde para que continúe a súa tramitación parlamentaria.
Vai queimando etapas ata o visto e prace final, que pode chegar antes de que remate o ano.
A sedición desaparece e créase a figura das desordes públicas agravadas cunha rebaixa substancial da pena. Pasa de 10 a 15 anos de cárcere a un máximo de 5. O presidente do Goberno pona como exemplo de "política útil":
A votación desta tarde será inusual. Farase a viva voz, unha fórmula que soe utilizarse nas grandes ocasións, pero non en plenos deste tipo. Nesta ocasión forzouna o PP para que os deputados socialistas teñan que retratarse.
Coa reforma da sedición encamiñada, agora a dúbida é saber se se reformará tamén o delito de malversación. Hoxe, todo semella indicar que non. Esquerra arrefría a súa iniciativa. E desde o Goberno hai moitas reticencias. Non ven votos suficientes porque outros aliados tradicionais tampouco o teñen claro. Teñen medo a abrir unha fenda na loita contra a corrupción política.