Publicador de contidos
Publicador de contidos

Amplíase o prazo para solicitar o Bono Cultural para xente nova ata o 31 de outubro

Amplíase o prazo para solicitar o Bono Cultural para xente nova ata o 31 de outubro

O prazo amplíase 15 días máis do previsto inicialmente

O Bono Cultural para a xuventude é de 400 euros e pódeno solicitar os que este ano fagan 18 anos

O Goberno central destina a este bono 210 millóns para uns 500.000 mozos e mozas

G24.gal 11/10/2022 09:40

O prazo para solicitar o Bono Cultural para a xuventude ampliouse ata o 31 de outubro ás 23:59 horas. Son 15 días máis dos previstos inicialmente para darse de alta nesta tarxeta moedeiro que está destinada aos nados en 2004.

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou hoxe esta decisión aprobada polo Goberno despois de que o pasado 14 setembro o ministro de Cultura Miquel Iceta recoñecese que o mecanismo para darse de alta no Bono Cultural Mozo, que ofrece 400 euros a quen este ano cumpra 18 anos, "non é sinxelo" porque se trata dunha "subvención personalizada".

O prazo para solicitar este bono abriuse o pasado 25 de xullo.  Axiña as redes sociais se encheron de queixas de mozas que protestaban pola dificultade para darse de alta; problemas que se atoparon, sobre todo, no feito de que para solicitalo hai que obter o certificado dixital nesta ligazón: https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados ou no sistema de autenticación "cl@ve".

Entre os requisitos que deben cumprirse para acceder ao Bono Cultural para a xuventude están que fagan 18 anos neste 2022, desde o 1 de xaneiro ata o 31 de decembro, aínda que non cumprisen os 18 anos antes do, agora, 31 de outubro (inicialmente era o 15 de outubro).

A partida destinada a este bono é de 210 millóns de euros, que irán para uns 500.000 mozos e mozas, unha axuda que se entenderá ao próximo ano e cuxa partida, a mesma, foi incluída no proxecto de PXE para 2023.

Esta tarxeta conta con esta distribución: 100 euros para produtos físicos (libros, prensa ou discos, entre outros), 100 euros para produtos dixitais (prensa dixital, podcast, videoxogos en liña ou plataformas de contidos audiovisuais) e 200 euros para artes escénicas (teatro, ópera, cinema, danza ou museos).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade