Ana Suáñez: "Formar parte dun equipo axuda a pasar os malos momentos"
Ana Suáñez: "Formar parte dun equipo axuda a pasar os malos momentos"
O club Auga Dragon Bout BCS explica esta modalidade de deporte inclusivo
Dende Verducido o Galicia en goles quixo coñecer máis sobre este club tan especial, que conforman mulleres que superaron o cancro de mama e que practican unha modalidade de piraguismo. Ana Suáñez leva menos dun ano competindo.
"Para nós formar parte dun equipo axuda a pasar e compartir os bos e os malos momentos. É compañeirismo. É un deporte que está en auxe. O noso club é de inserción social, polo beneficio para a saúde que ten. O noso club é unidade e equipo".
Xunto a Ana estaba o adestrador Pablo Tenreiro:
"Teñen un espírito e capacidade de superación e sacrificio tremendo. Eu vivo na Arousa e elas na Coruña, a distancia non é un problema é unha realidade, pero levámolo ben".