Cargando resultados...
Ania González: "Con Mar Ramón Soriano é o momento de reivindicar a vida minúscula"
Ania González: "Con Mar Ramón Soriano é o momento de reivindicar a vida minúscula"
Nos obxectos que nos rodean existen desexos e relacións íntimas que falan da forza revolucionaria que ten o amor
A obra de Mar Ramón ten unha fonda referencia á sexualidade e á liberdade sexual
Ania González, colaboradora da sección de ARTE do 'Zigzag diario'
G24.gal
02/03/2022 18:19
A obra de Mar Ramón, nada en 1993 en Valencia pero residente en Ourense, graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, é unha reflexión sobre o obxecto a través dos procesos e métodos da cerámica, co barro como elemento principal, usado nas súas producións como corpo orgánico.
Hoxe nos novos anos vinte, ás portas dos mesmos horrores bélicos do século pasado non está de máis atopar de novo o amor nas cousas, como o abrazo de amor entre a agulla e o dedal de Mar Soriano.