Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antidroga pídelle axuda á Armada para loitar contra o narcotráfico

Antidroga pídelle axuda á Armada para loitar contra o narcotráfico

A ministra de Defensa responde: "A Armada xa actúa cando llo reclaman"

A Xunta de Seguridade de Barbate analiza os erros que desencadearon na traxedia do venres pasado en que morreron dous gardas civís 

A Xunta de Seguridade de Barbate reuniuse para analizar o acontecido
G24.gal 15/02/2024 14:19

Barbarte pregúntase unha e outra vez quen deu a orde de entrar no mar cunha pequena embarcación para identificar os ocupantes das narcolanchas que había no peirao. Buscan responsables dunha traxedia con dous mortos, pero moitas máis vítimas. 

Será unha investigación interna a que depure responsabilidades na cadea de mando. O PP pediu a comparecencia do director da Garda Civil e o expediente da unidade de elite que foi desmantelada. As familias esixen respostas e piden que se poñan os medios necesarios para que "nunca máis volva acontecer algo así".

Case unha semana despois, asociacións de gardas civís denuncian que seguen avariadas ou inoperativas a maioría das patrulleiras do servizo marítimo da Benemérita en Cádiz. Narcos e axentes protagonizan unha loita desigual para a que as forzas de seguridade veñen reclamando unha e outra vez máis medios. 

Pero tamén a xustiza. A Fiscalía Antidroga acaba de facerse oír. Reclámalle ao Ministerio de Defensa que lle permita á Armada colaborar nas abordaxes a narcos en mar aberto. Xa ten resposta do Goberno. A ministra de Defensa, Margarita Robles, lembroulle que a Armada "aínda actuou nunha operación recentemente" e que "o fai sempre que se lle pida" O presidente da Audiencia de Cádiz pide actuar sobre o que realmente lle doe. Manuel Estrella defende que aos narcos "o que máis lle doe son as operacións contra o branqueo de capitais". 

O ministro do Interior, Fernándo Grande-Marlaska, aguanta a presión política, pero o malestar dentro do corpo medra día a día. A Asociación Unificada de Gardas Civís aféalle a súa participación nun mitin na Pobra de Trives, onde foi recibido con berros de "asasino" e "dimisión". A próxima semana será reprobado no Senado e veremos se tamén no Congreso. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade