Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antón Permuy, do xuvenil, adestrará o Compos ata final de tempada

Antón Permuy, do xuvenil, adestrará o Compos ata final de tempada

 Xunto a Dani Gesto, será o substituto de Míchel 

Soben do equipo xuvenil de División de Honra

Foto SD Compostela Foto SD Compostela
G24.gal 19/03/2024 13:31 Última actualización 19/03/2024 13:39

O xerente da S. D. Compostela, Miguel Fernández, compareceu esta mañá na sala de prensa do Verónica Boquete para comentar a situación do club tras a dimisión presentada por Míchel Alonso o domingo, horas despois de sufrir unha dura derrota ante o Langreo.

Na comparecencia Miguel Fernández confirmou que Antón Permuy e Dani Gesto, ata o de agora adestradores do equipo xuvenil que compite en División de Honra, serán os técnicos do primeiro equipo ata final de tempada.

"Son xente do club e confírmannos que si, que se senten con forzas e ilusión, que están preparados e decididos a tentar mellorar esta situación", sinalou o xerente do club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar