Antonio Rial, psicólogo da USC: "As redes sociais xeran acoso nun de cada cinco adolescentes"
Antonio Rial, psicólogo da USC: "As redes sociais xeran acoso nun de cada cinco adolescentes"
O investigador remarca que o labor preventivo non debe recaer soamente nas charlas. A administración e as familias teñen moito que facer
O psicólogo da USC non recomenda o móbil en nenos menores de 12 anos, por falla de madurez
Do abuso que fan os mozos das novas tecnoloxías falamos este mércores na RG co profesor da USC Antonio Rial Boubeta, quen ven de presentar un estudo elaborado por Unicef no que se aborda esta problemática.
O primero dato que pón de relevo Boubeta é que o 99 por cento dos mozos de secundaria en España está rexistrado en a lo menos unha rede social. É máis, 6 de cada 10 poderían ter máis dun perfil nunha mesma rede social, remarca.
Segundo indica este experto, esas mesmas redes son o xerme do acoso nun de cada cinco adolescentes.
A tecnoloxía ben entendida pode ser moi vantaxosa, pero o seu abuso estase convertendo nun problema para toda unha xeneración de mozas e mozos. Apunta este experto que é motivo de conflito nun de cada catro fogares e xera problemas de saúde física na mocidade, así como trastornos alimentarios, do sono, sedentarismo, e tamén emocionais.
"A taxa de depresión e ansiedade é tres veces superior nos mozos que exceden no uso das tecnoloxías", manifesta.
A isto cómpre engadirlle o compoñente adictivo. En Galicia un 27 por cento dos mozos enquisado fai un uso problemático das tecnoloxías, e tamén comporta unha certa adicción ós videoxogos.
Control parental
Sobre as medidas para poñer freo aos problemas que están causando as tecnoloxías nos máis novos, indice Boubeta e que non se debe deixar todo o labor preventivo nas mans dos educadores, senón que cómpre que se impliquen as institucións e tamén as familias.
No traballo preventivo, remarca o experto, non só é importante dotar ós rapaces de competencias dixitais. Tan importante como esta tarefa, ou máis, é achegar á mocidade competencias humanas para afrontar o impacto das tecnoloxías a diario. Idea que conecta coa imaxe ficticia que proxectan as redes sociais das persoas neste sentido, aclara o psicólogo.
"O importante que é que os pais fomenten a autoestima, a empatía e o pensamento crítico nos adolescentes, algo que a sociedade actual non fai", engade.
Insiste en que os pais deben poñer límites e normas no uso dos dispositivos, pero en calquera caso non recomenda un móbil en nenos menores de 12 anos, por falla de madurez.