Publicador de contidos
Publicador de contidos

Anxo Angueira ingresa da Real Academia Galega como membro de número

Anxo Angueira ingresa da Real Academia Galega como membro de número

O filólogo e escritor centrou o seu discurso de ingreso na poética da luz na obra de Rosalía

G24.gal 27/04/2024 14:25 Última actualización 27/04/2024 18:10

O filólogo, escritor e estudoso da nosa literatura Anxo Angueira ingresou na Real Academia Galega como académico de número. Foi presentado este sábado no auditorio municipal de Padrón, onde cursou o bacharelato.

Angueira, que é profesor da Universidade de Vigo e presidente da Fundación Rosalía de Castro, centrou o seu discurso de ingreso na poética da luz na obra de Rosalía. Ademais, rememorou que foron os versos de Rosalía tallados na estatua da autora no espolón de Padrón as primeiras liñas que leu en galego.

O discurso de ingreso de Anxo Angueira foi respondido pola académica Chus Pato, que encomiou os méritos para ingresar na institución do novo académico, a quen definiu como un garante do coñecemento e a divulgación do 'Rexurdimento' galego.

Pola súa banda, o presidente da Academia, Víctor Freixanes, subliñou que a incorporación de Angueira á RAG "fortalece os recursos intelectuais e humanos a favor da nosa cultura e a nosa lingua, ben necesitada de todas as vontades, intelixencia e traballos".

O novo membro da Academia ocupará a cadeira que quedou vacante en marzo do ano pasado tras o pasamento de Salvador García-Bodaño.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade