Carmen e Paco celebran as súas vodas de brillante aos 96 anos
Carmen e Paco celebran as súas vodas de brillante aos 96 anos
Levan 75 anos xuntos compartindo os bos e malos momentos
Din que o segredo da súa relación é o respecto mutuo
Carmen Giraldez e Paco Soto levan casados 75 anos. Con 96 anos cada un, seguen celebrando xuntos cada día. "O segredo é respectarse. Ás veces hai cousas... pero pasan e hai que seguir. Hai que quererse moito e berregar algo tamén", apunta con moito humor Carmen.
Os seus veciños quixeron homenaxealos e preparáronlles unha boa festa na súa parroquia de San Pedro da Ramallosa, en Nigrán.
Unha celebración na que non faltou a música tradicional que, segundo eles mesmos contan, foi importante nos inicios da súa relación. Coñecíanse de toda a vida pero no baile afianzouse o cariño que os levou ao altar hai 75 anos.
Teñen tres fillos, cinco netos e uns bisnetos cos que compartir un día tan emotivo cheo de recordos. "Había bailes de rapaces, lotarías, tocaban a gaita e bailábamos e foi a maneira de conquistarnos", lembra Paco.
En realidade, aínda quedan uns meses para o aniversario oficial, pero quixeron aproveitar o bo tempo para celebralo. Coa súa amabilidade e os sorrisos permanentes seguro que o volven festexar.