Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparecen nove eguas mortas por disparos nos montes da Curota, en Boiro

Aparecen nove eguas mortas por disparos nos montes da Curota, en Boiro

Os propietarios descoñecen que pode haber detrás da matanza porque estaban nunha zona de pastoreo libre

Os animais caeron mortos no lugar onde pacían, moi próximos entre si

 

Unha das nove eguas tiroteadas nos montes da Curota
G24.gal 24/09/2023 14:35 Última actualización 24/09/2023 15:02

Nove eguas foron tiroteadas nos montes da Curota, nun espazo de pastoreo libre do concello de Boiro. Os propietarios presentaron denuncia ante a Garda Civil e non entenden cal puido ser o motivo da matanza porque non hai ningún conflito previo. 

O martes Manuel Blanco, o propietario da manda de eguas de pura raza galega estivo no monte controlando os animais como fai case a diario, e estaban ben. O xoves recibiu o aviso de que había nove bestas mortas. 

"O martes o propietario desta manda de eguas estivo no monte controlando os animais como fai case a diario, e estaban ben e o xoves xa recibiron o aviso de que había nove bestas mortas", asegura Ovidio Queiruga, presidente da Comunidade de Montes de Baroña.

"Sóubeno o xoves, vin que xa eran meus. Fáltanme catro máis que penso que tamén deben estar mortos porque non aparecen por aquí", relata Manuel.

As feridas de bala nos animais aprécianse a primeira vista. Caeron mortos no lugar onde pacían, moi próximos entre si. Os propietarios insisten en que non hai conflitividade entre comunidades de montes nin con ningún gandeiro, como relata Queiruga.

"Non entendemos que este caso sexa replicable a outros que pasan cando, por exemplo, hai animais que por desgraza entran nunha agra e mátanos. Non ten desculpa porque os animais están identificados con microchip e teñen chapas para identificar de quen son. Neses casos se hai danos identificaríanse e a comunidade ou o propietario faríase cargo dos danos. Pero neste caso nin sequera é así, é unha zona que está moi dentro no monte", di Queiruga.

"Non ten que ser unha persoa moi normal para facer isto. Ou está tolo, ou ten algo contra os cabalos ou algo que lle fai mal no monte", insiste Manuel.

Xa presentaron denuncia e o Seprona acudiu a inspeccionar os corpos das eguas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade