Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde parte dunha nave industrial en desuso en Mos sen danos persoais

Arde parte dunha nave industrial en desuso en Mos sen danos persoais

Arderon unha carretilla eléctrica e dúas cabezas tractoras

Nave de Mos afectada polo incendio
G24.gal 22/04/2023 13:32 Última actualización 22/04/2023 15:08

Os bombeiros do Baixo Miño tardaron máis de dúas horas en sufocar as lapas nunha vella nave en desuso de Mos preto do Alto de Zamáns.

Tiveron que rebentar a porta, quitar o suministro eléctrico. A zona máis afectada foi o vello taller en que arderon unha carretilla eléctrica e dúas cabezas tractoras. Tamén afectou unha zona en que había oficinas.

Varios particulares chamaron ao 112 preto das 23:30 horas da noite para avisar da situación no camiño do Campo Redondo, na parroquia de Cela.

A partir de aí, activouse un operativo do que formaron parte os Bombeiros do Porriño, efectivos do GES e do Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e axentes da Garda Civil.

Ademais, pasouse aviso aos profesionais de urxencias médicas, aos Bombeiros de Vigo e tamén ás autoridades ambientais da Xunta de Galicia.

Os equipos de emerxencias extinguiron finalmente o incendio, no que ninguén resultou ferido por mor do lume.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade