Cargando resultados...
Calcinadas dúas vivendas en Soutomaior tras o impacto dun lóstrego
Calcinadas dúas vivendas en Soutomaior tras o impacto dun lóstrego
Un dos ocupantes quedou ferido tras sufrir queimaduras nas mans
Ocorreu na parroquia de Lourido
G24.gal
09/09/2023 11:39
Última actualización 09/09/2023 16:51
A caída dun lóstrego provocou esta madrugada o incendio de dúas casas lindeiras situadas na parroquia de Lourido, no concello de Soutomaior.
Nunha das casas vivía unha familia, nai e fillo, que saíron co posto ante a rápida propagación do lume. O home, de 47 anos, tivo que ser atendido por queimaduras nas dúas mans.
As vivendas quedaron completamente calcinadas e os Bombeiros do Morrazo traballaron toda a noite para sufocar as lapas.
Durante toda a mañá continuaron arrefriando a zona. Aínda quedan puntos quentes xa que caeron tellas e cascallos enriba de combustible.