Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arquivan a causa da desaparición en setembro da veciña de Cangas no buque oceanográfico do CSIC

Arquivan a causa da desaparición en setembro da veciña de Cangas no buque oceanográfico do CSIC

María del Carmen Fernández traballaba como persoal adscrito ao servizo de cociña

Os investigadores cren que foi unha caída accidental ou un suicidio

A familia anuncia recurso ante a Audiencia Provincial de Valencia pola decisión do xulgado de instrución que se encargou do caso

G24.gal 21/02/2024 19:42

Un xulgado de instrución de Gandía (Valencia) decretou o arquivo e sobresemento provisional da causa aberta pola desaparición en setembro pasado de María del Carmen Fernández, natural de Cangas, cando se atopaba a bordo do buque oceanográfico García del Cid, onde traballaba como persoal adscrito ao servizo de cociña.

O xulgado non chegou a practicar ningunha dilixencia, ao entenderen os investigadores que non había indicios de delito nesa desaparición, que ocorreu entre o 9 e o 10 de setembro do ano pasado, e que puido ser ben unha caída accidental, ben un suicidio.

Con todo, a familia presentou recurso de reforma para que se reabrise a causa e reclamou que se levasen a cabo dilixencias, como a toma de declaración de máis tripulantes, porque alegan que a Garda Civil non falou con todos; ou que se pidan as gravacións das cámaras de seguridade do buque, que depende do CSIC.

O xulgado de instrución desestimou ese recurso e agora a familia acudiu á Audiencia Provincial de Valencia. Segundo explicou o seu letrado, esperarán un "tempo prudencial" a coñecer a decisión do tribunal provincial, pero, con todo, non descartan insistir por outras vías xurisdicionais para que se aclare "que pasou".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade