A música do Son do Camiño 2022 xa soa no Monte do Gozo
A música do Son do Camiño 2022 xa soa no Monte do Gozo
O ferido máis grave tras a caída do escenario principal evoluciona favorablemente
"Reconfiguramos en catro días o festival para garantir que todos os artistas puidesen vir tocar"
Foi unha mañá de traballos de última hora, de probas de son e de preparativos para ter todo listo para que ás 3 en punto os Furious Monkey House poidan inaugurar un festival que ata o último momento pendeu un fío. O accidente laboral tras a caída do escenario principal complicouno todo.
Houbo que reconfigurar dende o escenario ata os tempos dos ensaios; axustar todo en tempo récord con ata 1.500 persoas traballando arreo para que O Son do Camiño puidera celebrarse.
Un festival ecléctico, para todas as idades, mozos principalmente, con amplas zonas de comida e acampada e no que 47 artistas nacionais e internacionais tocarán para unhas 40.000 persoas cada un dos 3 días.
Agora a atención de todos, dende a organización aos asistentes, céntrase na meteoroloxía, ante a previsión de posible choiva e treboadas durante a fin de semana.