Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrestan o presunto autor do tiroteo de Nova York

Arrestan o presunto autor do tiroteo de Nova York

Grazas á publicación dunha foto nas redes sociais dun transeúnte que o identificou na rúa  

G24.gal 13/04/2022 20:29

Frank James, presunto autor do tiroteo do martes nunha estación de metro de Nova York, quedou arrestado pouco despois do mediodía, hora estadounidense, informaron medios de comunicación do país que citan fontes policiais.

Segundo estas informacións, dous axentes detiveron o home de 63 años no barrio do East Village, ao sur de Manhattan, grazas á identificación dun peón que o fotografou en plena rúa e colgou a imaxe nas redes sociais.

Un xornal neoiorquino publicou imaxes do arresto nas que se ve que o home non opón resistencia á policía.

Había unha recompensa de 50.000 dólares para quen axudara a dar co seu paradoiro que estivo fuxido máis de 24 horas malia a difusión pública da súa imaxe.

Está acusado de ser o único auto do tiroteo que o martes deixou dez feridos de bala e varios intoxicados nun vagón do metro neoiorquino no que disparou indiscriminadamente e guindou bombas de fume.

O detido tiña unha canle de Youtube onde colgara numerosas mensaxes de contido violento e, ao parecer, estivo ingresado no pasado por algún tipo de enfermidade mental.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade