Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bibliotecas celebran o seu día con actividades para todos os públicos

As bibliotecas celebran o seu día con actividades para todos os públicos

Adáptanse aos tempos e seguen a gañar usuarios

G24.gal 24/10/2023 20:53 Última actualización 24/10/2023 21:07

Non hai límite de idade para aproveitar a riqueza que gardan as bibliotecas, centros vivos que se adaptan aos tempos e aos requirimentos dos usuarios. No Día das Bibliotecas, o persoal da Juan Compañel de Vigo ofreceu un percorrido guiado polas súas entrañas para dar a coñecer todas as posibilidades que presenta.

Aquí conviven os libros en papel, os formatos dixitais e os audiolibros de todos os xéneros, ademais de moitos máis materiais. Nesta xornada tamén houbo actividades para a cativada, que conta co seu propio espazo.

Na biblioteca Juan Compañel teñen clubs de lectura en distintos idiomas e organizan obradoiros, como os de banda deseñada, ou xornadas de contos para o público miúdo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade