As bibliotecas escolares acubillan proxectos educativos innovadores
As bibliotecas escolares acubillan proxectos educativos innovadores
Uns 800 profesionais da educación participan nunha xornada formativa en Santiago
Comparten os proxectos máis vangardistas que se desenvolven arredor das bibliotecas dos colexios galegos
Son salas de lectura pero tamén verdadeiros laboratorios de aprendizaxe. Entre as catro paredes das bibliotecas dos centros educativos galegos medran este curso 170 radios escolares, 400 clubs de lectura e unha manchea de iniciativas que buscan espertar a curiosidade do alumnado.
Hoxe unha biblioteca non é un almacén de libros, é un espazo de innovación, de inclusión e de aprendizaxe por proxectos, di Román Rodríguez, conselleiro de Educación.
O oitenta por centro dos centros educativos galegos participan no plan de lectura, información e aprendizaxe da Conselleira de Educación,c on proxectos coma os que este sábado se presentan en Santiago.
Temos un estudio de radio e un laboratorio de aprendizaxe, onde poden traballar e compartir información e desenvolver un pensamento crítico, conta Diego López, do CEIP Emilia Pardo Bazán da Coruña.
Vimos presentar o noso proxecto documental integrado que coordina a biblioteca do noso instituto e que implicou máis da metade dos departamentos baixo un paraugas común, que é o da identidade, explica Alexandra Pacheco do IES Xelmírez I, de Santiago.
Uns 800 docentes asisten a esta xornada formativa na que o xornalista Xesús Fraga, premio Nacional de Narrativa, deixa o seu recoñecemento ao labor das bibliotecas
Os maiores índices de lectura danse nas poboacións máis novas o gran reto é que esa xente no tránsito á idade adulta non deixe de ler.