Cargando resultados...
As bibliotecas galegas homenaxean a Raimundo Patiño no Día da Ilustración
As bibliotecas galegas homenaxean a Raimundo Patiño no Día da Ilustración
Foi o protagonista dunha mostra inaugurada no Gaiás
Creou xunto a Xaquín Marín o primeiro cómic publicado en Galicia e en galego
G24.gal
28/01/2022 22:19
As bibliotecas galegas acollen desde hoxe diversas actividades co gallo do Día da Ilustración, unha celebración que este ano rende homenaxe ao pintor, debuxante e deseñador coruñés Raimundo Patiño. Foi o protagonista dunha mostra inaugurada no Gaiás polo secretario xeral de Cultura da Xunta.
Patiño creou xunto a Xaquín Marín o primeiro cómic publicado en Galicia e en galego, 'Dúas viaxes'. A programación complétase con obradoiros e outras actividades en bibliotecas das principais localidades galegas.