Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bonitas xa están listas para desfilar por Sande

As bonitas xa están listas para desfilar por Sande

Son figuras que mesturan o masculino e o feminino no traxe

O oso e a vaca completan o Entroido deste lugar de Cartelle

Andrés Pavón 10/02/2023 21:08

Saia feita dunha colcha vella, mantón de Manila, polainas con axóuxeres, gravata, carauta de arame e plumas de galiña.

Son os elementos que forman o traxe das bonitas. Unhas figuras que mesturan o feminino e o masculino e que antigamente só lucían os homes.

Para os veciños de Sande é todo un orgullo poder levar estes traxes.

O oso é outra figura central do Entroido de Sande. Está feito con la de ovella e a súa cabeza é de latón.

Unha xoia etnográfica que vai sementar o terror na contorna ata que sexa capturado e o fagan desfilar pola parroquia.

A vaca é o terceiro elemento que caracteriza este entroido e o que máis interactúa cos visitantes. Nos últimos anos tamén se colocan na aldea mecos feitos de mimosa e trapos vellos.

Un Entroido, pois, que recupera tradicións, especialmente no tocante a materiais.

Os actos e desfiles deste entroido tan enxebre van ter lugar nos catro días grandes de Entroido, do 18 ao 21 deste mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar