Cargando resultados...
As caras máis coñecidas da verbena galega cantan con Juan Pardo na TVG
As caras máis coñecidas da verbena galega cantan con Juan Pardo na TVG
O programa especial comeza ás 22:55 horas
G24.gal
26/12/2021 12:21
Juan Pardo volve polo Nadal á Televisión de Galicia. Esta noite poderán velo actuar xunto ás caras máis queridas das verbenas galegas.
O programa especial, presentado por Arturo Fernández e Alba Mancebo, comezará ás 22:55 horas.
Participarán Blas Piñón e César Romero, Ana Paz e Antonio Barros, Mario Álvarez e Naiara González, ademais de Alejandra Pais e Santi Pulido.