Publicador de contidos
Publicador de contidos

As celebracións familiares e caseiras de Reis trasládanse cada vez máis aos restaurantes

As celebracións familiares e caseiras de Reis trasládanse cada vez máis aos restaurantes

Galegas e galegos comezan a mudar os seus costumes gastronómicos de Reis

Un dos salóns do restaurante El Quijote que a noite de Reis estará ao completo de comensais
G24.gal 04/01/2024 21:03 Última actualización 04/01/2024 21:19

Galicia é unha das comunidades menos festeiras por Reis á hora de celebralos fóra da casa.

Sexa a noite do día 5 ou o propio día de Reis, a maioría segue a tradición de xuntarse coa familia nunha casa cun menú máis sinxelo có de Nadal ou Noitevella. E se hai nenos, maior celebración. 

Porén, duns anos a esta parte, cear ou xantar de restaurante estase a popularizar como un xeito de pechar as datas festivas, case sempre, en familia. Cada vez máis familias celebran Reis fóra da casa deixando a cociña para os profesionais.

45 anos á fronte dun restaurante abondan para constatar o cambio dos costumes gastronómicos en Reis que relata Manolo García, propietario do Restaurante El Quijote, un dos máis senlleiros de Santiago de Compostela.

"No ano 79 cando vin para Santiago o día de Reis había pouquísima xente e á noite, ninguén, agora estamos completos. Xa levamos uns cantos anos, pero este eu penso que máis ca nunca".

A maior parte dos clientes que van ateigar os seus salóns son os de todo o ano. Uns elixiron o menú pechado de 50 euros con entrantes, ameixas, lacón, viño e sobremesa. Pero a maioría preferiu pedir á carta aínda que gaste máis. De media, máis de 75 euros nun restaurante onde a centola é a raíña da carta.

No Quijote levan todo o día inflando globos, unha pequena sorpresa para que os comensais máis novos gocen do seu día máis especial. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade