Cargando resultados...
As cerdeiras en flor na Ribeira Sacra aumentan o atractivo da paisaxe
As cerdeiras en flor na Ribeira Sacra aumentan o atractivo da paisaxe
Cada primavera enchen de cor o lugar, en contraste cos viñedos
Increméntanse os visitantes que admiran a paraxe durante esta época do ano
G24.gal
14/04/2023 18:48
Última actualización 14/04/2023 19:06
Unha árbore para admirar e para saborear o seu froito. A cerdeira xa enche de cor a Ribeira Sacra.
En perfecta combinación cos viñedos, a presenza destas árbores atrae cada vez máis visitantes.
En pouco máis dun mes, Belesar, unha localidade lucense que ten unha beira no Saviñao e outra en Chantada, celebra a Feira da Cereixa, tal é a importancia deste froito na zona.
O río Miño ten moito que ver na floración destas árbores, que atopan no lugar as condicións ideais para medrar.
Poñen a nota de cor nunha paisaxe de socalcos e viñedos.
As cerdeiras reivindican o seu oco como encanto turístico da Ribeira Sacra.