As Cíes colgan o cartel de completo
As Cíes colgan o cartel de completo
Ata o 21 de agosto non hai billetes para viaxar ao arquipélago
O primeiro día en que hai prazas dispoñibles para viaxar ás Cíes é o vindeiro 21 de agosto. Ata entón, as reservas están xa esgotadas.
Todo completo para o mes de xullo e poucas prazas dispoñibles para o mes de agosto. Un verán máis, as illas Cíes son o principal reclamo turístico do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Séguenas en popularidade Ons, que esta temporada colgará o cartel de completo en non poucas xornadas.
Se teñen unha reserva para viaxar ás Cíes teñen algo único, porque ata dentro dun mes non hai prazas dispoñibles.
A recuperación do turismo e o tempo solleiro e caloroso aumentaron o ritmo de reservas este verán.
Tamén as Ons acollen maior número de visitantes e colgan, por días, o cartel de completo.
O tope máximo das Cíes é de 1.800 persoas diarias e o das Ons é de 1.300.