Publicador de contidos
Publicador de contidos

Presentan 12.000 sinaturas por unha lei de defensa do monte veciñal

Presentan 12.000 sinaturas por unha lei de defensa do monte veciñal

Acusan a Xunta de pretender privatizar os montes comunais en beneficio da industria madeireira

A principios de ano rexistraron unha Iniciativa Lexislativa Popular
G24.gal 24/08/2022 13:38

A Organización Galega de Comunidades de Montes entregou esta mañá no Parlamento doce mil firmas para reclamar unha lei que defenda os montes veciñais. Xa presentaran a principios de ano unha iniciativa lexislativa popular.

Acusan a Consellería do Medio Rural de levar a cabo cambios normativos coa finalidade de privatizar os montes comunais para favorecer a industria madeireira, eólica ou mineira. 

A organización reclama que se recoñeza o monte veciñal como unha titularidade distinta, pero en igualdade coa pública e privada, e que se declaren os montes comunais como unha figura de protección medio ambienal e cultural en si mesma. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade