As consultas na busca de trucos para aforrar dispáranse en Internet
As consultas na busca de trucos para aforrar dispáranse en Internet
"Como aforrar cartos se gañas pouco?" foi a pregunta estrela en Internet durante o ano pasado
Tamén se incrementaron as buscas de trucos para aforrar en enerxía e combustible
Escribimos tantas e tantas veces a pregunta "como aforrar se gaño pouco?" que se converteu en tendencia cun aumento dun 5.000 por cento no 2022.
Percorremos Internet para buscar ofertas e prezos mellores. No caso do combustible, triplicáronse as consultas. Pero tamén, entre o máis buscado, trucos para aforrar enerxía e electricidade.
Uns minutos buscando en Google dan como resultado centos de consellos para reducir gastos.
Disparáronse as consultas sobre prezos e inflación, pero, entre os datos publicados por Google o ano pasado, aos españois tamén lles preocupou o cambio climático e amosaron moito interese sobre a intelixencia artificial, con moitas preguntas sobre este tipo de tecnoloxía.