Cargando resultados...
As empresas galegas venden máis ao exterior a pesar das incertezas económicas
As empresas galegas venden máis ao exterior a pesar das incertezas económicas
A automoción, con problemas polos paros de Stellantis, a confección, o peixe e o aluminio son os sectores que máis medraron ata maio
G24.gal
19/07/2022 08:31
As exportacións galegas conseguen valores nunca vistos a pesar das incertezas económicas. As vendas das empresas a outros países ata maio medraron nun 22 % e superaron os 11.600 millóns de euros.
Á diferenza da crise da covid-19, en que a recuperación veu da man do consumo, agora son as vendas ao exterior as que resisten a pesar da inflación ou os problemas das subministracións.
A automoción, con problemas polos paros de Stellantis, a confección, o peixe e o aluminio son os sectores que máis medraron ata maio.