Publicador de contidos
Publicador de contidos

As empresas loxísticas e a Xunta impulsan cunha alianza o Corredor Atlántico de Mercadorías

As empresas loxísticas e a Xunta impulsan cunha alianza o Corredor Atlántico de Mercadorías

Piden ao Goberno central que avance nesta infraestrutura que reduciría os tempos e os custos no transporte

Estiman que a conexión con Europa por tren creará máis de 6.000 empregos e abaratará os custos do transporte en 1.300 millóns

G24.gal 12/06/2023 14:37

Precisan o  corredor atlántico de mercadorías para competir con outros territorios. Cargadores, operadores e empresas loxísticas reclaman mellorar a conectitividade a través do ferrocarril. 

A infraestrutura percorrerá toda a fachada oeste de Europa combinando o transporte marítimo co ferroviario. O trazado en Galicia arranca na Coruña e supón a modernización da rede ferroviaria. O goberno galego pide ao Ministerio de Transportes que avance no proxecto paralizado desde hai cinco anos. 

A Xunta únese co sector da loxística para impulsar o proxecto que creará máis de seis mil empregos anuais e abaratará o custes do transporte en mil trescentos millóns de euros. 

Reclaman unha reunión co comisionado do corredor atlántico designado hai catro meses polo executivo central para deseñar un calendario que garanta o a conexión por tren de Galicia con Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos