Publicador de contidos
Publicador de contidos

As familias ucraínas que chegaron a Castroverde parten cara a Madrid

As familias ucraínas que chegaron a Castroverde parten cara a Madrid

Un cativo, que tamén fixo a viaxe, xa se reuniu coa súa nai na Coruña

G24.gal 06/03/2022 14:38

Os ucraínos que chegaron este sábado nos coches de dous veciños de Castroverde xa se dirixen cara aos seus destinos finais. Oito deles van a Madrid. O noveno, un cativo, reuniuse xa coa súa nai na Coruña, onde reside.

Antes de marchar, contáronnos que senten un profundo agradecemento cara aos rapaces que os foron buscar. Héctor é o único que nos puido atender, xa que Paulo entrou a traballar ás 2:00 da mañá.

Dende o luns pasado, este é o primeiro momento de calma que ten pero, así e todo, non para de falar por teléfono con xente de grupos de axuda para traer máis refuxiados.

Os refuxiados ucraínos quedaron a durmir nun albergue de peregrinos na aldea de enfronte da casa de Héctor. Esta mañá recibíanos moi atentamente

Non saben nin inglés nin español, pero aprenderon a dicir grazas porque é o que senten cara a Héctor e Paulo. Están profundamente desacougados pola sorte que poidan sufrir os seus, aos que tiveron que deixar en Ucraína, onde todos eles teñen as súas vidas.

Son dúas familias: unha dunha nai cun neno e outra de catro mulleres e dúas nenas. En Madrid residen as familias, que foron as que contactaron con Héctor e Paulo en Polonia pedíndolles que os trouxeran para aquí.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade