Publicador de contidos
Publicador de contidos

As gasolineiras 'low cost' presumen de prezos máis baratos nesta operación saída

As gasolineiras 'low cost' presumen de prezos máis baratos nesta operación saída

Poden atoparse diferenzas de ata 20 céntimos por litro no gasóleo

Dependen de se gozan dalgunha promoción nas gasolineiras tradicionais

G24.gal 02/07/2023 21:02 Última actualización 02/07/2023 21:14

Nesta primeira grande operación saída das vacacións, as gasolineiras de baixo custo presumen de vender os combustibles ata 20 céntimos máis baratos que nas estacións de servizo tradicionais.

Retan así as grandes petroleiras cunha brecha histórica de prezos, en pleno verán e con millóns de desprazamentos por estrada.

Un condutor de Ourense que queira botar gasóleo, o máis barato que vai atopar este domingo en 10 quilómetros á redonda está a 1,27. Neste radio, o máis caro está a 1,49 euros o litro, case 20 céntimos por riba.

O aforro depende de se desfruta ou non dalgunha promoción coas compañías tradicionais, con todo hai moitos usuarios que prefiren escoller a que lles queda máis a man.

Na primeira operación saída do verán, as gasolineiras de baixo custo destacan que existe unha brecha histórica entre os seus prezos e os das grandes petroleiras, especialmente no gasóleo.

Con estes diferenciais, as gasolineiras independentes sacan peito este verán. As tradicionais din que ofrecen moito mellor servizo e un combustible de máis calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar