Baixan as infeccións e o ritmo de contaxios pero repuntan as hospitalizacións
Baixan as infeccións e o ritmo de contaxios pero repuntan as hospitalizacións
Aumentan os ingresos por covid–19 en camas convencionais
O Sergas notifica o falecemento de oito persoas coa doenza
A situación epidemiolóxica continúa mellorando en Galicia, cun descenso das infeccións e do ritmo de contaxios. Porén, aumentan os ingresos hospitalarios de persoas coa covid–19.
Nestes momentos, hai 42.211 casos activos, 3.825 menos ca este sábado. Segundo os datos facilitados polo Sergas, nas últimas horas diagnosticáronse 2.144 novos positivos, 735 menos dos rexistrados na xornada anterior.
De novo, os contaxios baixan en todas as áreas sanitarias.
Presión hospitalaria e falecementos
Un dos datos negativos da xornada chega dos centros hospitalarios, onde permanecen un total de 641 pacientes coa doenza, nove máis ca un día antes.
Aumentan os ingresos en planta (+11), onde hai 596 camas ocupadas e diminúen nas unidades de coidados intensivos (-2), onde quedan 45.
Ademais, nas últimas horas as autoridades sanitarias notificaron oito falecementos de persoas infectadas.