As inundacións polas treboadas deixan dez persoas falecidas en Grecia
As inundacións polas treboadas deixan dez persoas falecidas en Grecia
As autoridades temen que a cifra de vítimas aínda poida aumentar
O venres deixou de chover pero é imposible cuantificar o alcance dos danos
A pesar de que o venres deixou de chover, moitos ríos seguen desbordados. Rúas anegadas e casas e colleitas arruinadas baixo a auga. É a paisaxe desoladora que deixa na cidade grega de Palamás tras o paso das peores tormentas dende que hai rexistro no país.
Hai dez persoas falecidas e catro están desaparecidas, as autoridades temen que as cifras poidan aumentar aínda nos próximos días.
Os equipos de rescate e os militares evacuaron decenas de cidadáns que se refuxiaron en tellados e outros lugares elevados.
"Polo menos logramos saír e non afogamos, había moita xente dentro incluídos nenos pequenos, di esta muller diante das ruínas nas que quedou a súa casa".
Nunha licorería os andeis serven de camas. O propietario do negocio conta que quitou as botellas dos estantes para preparan un lugar de descanso para a nai e a tía, despois de seren rescatadas nunha canoa.
"Estamos esperando axuda. Non sei como, que as autoridades mostren interese", di.
Estoutro home conta que cando espertou tiña medio metro de auga na casa, que era difícil abrir a porta e que sacou o pai como puido.
Ás inundación únense aos problemas provocados polos corrementos de terra. Os servizos sanitarios alertan dos perigos para a saúde da auga contaminada.