Cargando resultados...
As luces de Nadal atraen centos de visitantes ao barrio lucense das Gándaras
As luces de Nadal atraen centos de visitantes ao barrio lucense das Gándaras
As familias iluminan as casas e decóranas con figuras propias destas datas
G24.gal
19/12/2021 21:20
Nas zonas comerciais non falta a iluminación do Nadal. Pero tamén os particulares se animan a iluminar as súas vivendas. No barrio das Gándaras, en Lugo, son poucas as casas que se resisten a decorar as súas fachadas con motivos propios destas datas.
As luces, ademais de atraeren centos de persoas, conseguen que boa parte da veciñanza se poña de acordo en decorar as súas vivendas o mellor posible.
As casas tamén se abren para que os visitantes coñezan os beléns que hai no seu interior, algúns deles dunha gran magnitude. Outros, teñen figuras feitas de xeito artesanal, con madeira ou material reciclado. Cada ano, súmanse máis familias a esta iniciativa.