Publicador de contidos
Publicador de contidos

As organizacións agrícolas convocan unha tractorada o luns na sede da Comisión Europea en Madrid

As organizacións agrícolas convocan unha tractorada o luns na sede da Comisión Europea en Madrid

Asaja, COAG e UPA son as plataformas convocadoras da marcha que partirá do ministerio de Agricultura

A mobilización coincidirá coa reunión do Consello de ministros de Agricultura da Unión Europea en Bruxelas

 

Protesta agrícola convocada por Unión de Uniones, o pasado mércores en Madrid (EFE / JP Gandul) Protesta agrícola convocada por Unión de Uniones, o pasado mércores en Madrid (EFE / JP Gandul)
G24.gal 23/02/2024 11:01

As organizacións agrarias Asaja, COAG e UPA anunciaron unha tractorada con centos de vehículos e miles de agricultores e gandeiros para o vindeiro luns que irá do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación á sede da oficina da Comisión Europea (CE) en Madrid.

A mobilización coincidirá coa reunión do Consello de ministros de Agricultura da Unión Europea (UE) en Bruxelas, onde se buscarán formas de dar resposta á crise actual do sector primario, segundo detallaron nun comunicado este venres.

Baixo o lema "O campo esixe apoio, respecto e recoñecemento", as organizacións agrarias esperan reunir a miles de persoas procedentes de toda España que acompañarán os tractores.

Segundo o itinerario dado a coñecer, centos de tractores partirán o luns ás 9:00 da ponte de Arganda e accederán á capital pola A-3 e as avenidas do Mediterráneo e Ciudad de Barcelona para concentrarse fronte ao Ministerio.

Desde alí, xunto aos agricultores a pé, discorrerán polos paseos do Prado, Recoletos e Castellana ata a sede da oficina da CE, onde intervirán os máximos responsables das organizacións convocadoras.

Asaja, COAG e UPA sinalaron nun comunicado que se trata dunha nova mobilización convocada en unidade de acción en demanda de solucións os problemas que ten o sector agrario.

Na reunión de ministros da UE espérase que se aborden a flexibilización da Política Agraria Común (PAC) e a negociación das cláusulas espello para garantir a reciprocidade de normas coas importacións de terceiros países, dous asuntos que son "vitais" para os agricultores, segundo as organizacións.

O sector tamén reclama un cambio no funcionamento da lei da cadea alimentaria, un sistema de seguros agrarios que responda as necesidades dos produtores, unha fiscalidade acorde aos incrementos de custos que soporta o sector e investimentos urxentes en materia de regadíos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade