Publicador de contidos
Publicador de contidos

As plataformas dixitais e as redes sociais mudan o xeito de ver contidos audiovisuais

As plataformas dixitais e as redes sociais mudan o xeito de ver contidos audiovisuais

Tan só o 17 % das persoas que participaron en Galicia nunha enquisa sobre medios aseguraron non estar abonados a ningunha plataforma

G24.gal 08/05/2023 13:17

O xeito de acceder aos contidos audivisuais mudou radicalmente na última década. As plataformas dixitais ampliaron o abano de opcións e entraron tamén en xogo as redes sociais. 

A asociación de consumidores e usuarios dos medios, que elaborou un informe ao respecto, expresa a súa preocupación polo fácil acceso dos menores a contidos inapropiados.

José Ángel Otero, presidente iCmedia Galicia di que o ano pasado se aprobou unha nova lei audivisual que xa non inclúe o acordo de autorregulación que establecía uns horarios de emisión de contidos acordes coa idade dos posibles receptores. Iso xa non está polo que estamos traballando para chegar a un acordo regulativo e que se volva incluír. 

Realizaron unha sondaxe que revela que en Galicia a plataforma máis seguida é Netflix, 67 por cento, seguida por Prime Vídeo con 53 por cento. O 17 por cento dos enquisados non está abonado a ningunha plataforma, correspondendo esa porcentaxe con xente de máis idade.

As rapazas entre os 12 e os 17 anos son as que máis horas pasan diante dunha pantalla: de media ao día, máis de tres horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade