Publicador de contidos
Publicador de contidos

As rúas do Barco de Valdeorras e do Porriño énchense en defensa da sanidade pública

As rúas do Barco de Valdeorras e do Porriño énchense en defensa da sanidade pública

Formoso pide un aumento no orzamento á Atención Primaria

O Sergas reitera que non se pecharán camas hospitalarias no verán

Concentración no Barco de Valdeorras Concentración no Barco de Valdeorras
G24.gal 30/06/2022 20:30

Este xoves celebráronse dúas concentracións en defensa da sanidade pública.

No Barco de Valdeorras a manifestación foi impulsada pola Xunta de Persoal do Distrito Sanitario de Valdeorras. Protestan porque consideran que o hospital non ten nin os medios nin os recursos necesarios para o bo funcionamento.

E no Porriño, convocados pola Plataforma SOS Sanidade Pública, concentráronse diante do centro de saúde para protestar pola situación da atención primaria. 

Formoso pide un aumento no orzamento

O secretario xeral dos socialistas galegos pide que se aumente o orzamento que se destina a Atención Primaria e Hospitalaria.

Preocúpalle a situación durante o verán, período en que aumenta a demanda destes servizos.

O Sergas reitera que non se pecharán camas hospitalarias no verán

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, asegurou no Parlamento, en resposta a unha pregunta do BNG sobre o peche de camas, que todos os pacientes que en Galicia necesitan un ingreso teñen unha cama, sempre.

Aboal dixo que nos 30 naos que leva traballando en Galicia sempre foi así durante a época estival.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade