Publicador de contidos
Publicador de contidos

As tractoradas bloquearon estradas e colapsaron cidades por toda España

As tractoradas bloquearon estradas e colapsaron cidades por toda España

Reclaman prezos xustos, menor burocracia na PAC e a defensa do sector agroalimentario español

G24.gal 06/02/2024 20:48 Última actualización 06/02/2024 21:06

As tractoradas tomaron practicamente todas as comunidades autónomas. Convocados polas redes sociais, agricultores e gandeiros bloquearon estradas e colapsaron cidades. Piden prezos xustos, maior control das importacións de fóra da Unión Europea e menos burocracia.

As protestas desbordaron as previsións. Cortaron a A-2 na provincia de Lleida, entre outras autovías. En Valladolid bloquearon o principal mercado grosista de Castela e León, comunidade pola que desfilaron 5.000 tractores. 

Burgos capital quedou tomada polos tractores, e León, Córdoba e Granada quedaron colapsadas. En Málaga as protestas bloquearon os accesos ao porto. Os agricultores tamén saíron en Vitoria e percorreron o centro de Santander e de Zaragoza. 

O Goberno apela ao diálogo como único camiño para saír adiante e di respectar "absolutamente" as manifestacións. 

"Uns sentimentos que o Goberno entende e comparte, porque nese diálogo que mantemos co sector primario, con agricultores e gandeiros, este é un momento certamente peculiar", dixo o ministro Luis Planas.

Tamén Murcia sufriu retencións por mor das tractoradas. A Confederación Española de Transporte de Mercadorías pediu aos agricultores que o transporte por estrada non volva ser refén das protestas. 

Cando caía a noite, os tractores seguían cortando a A-2 en Lleida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade