Publicador de contidos
Publicador de contidos

As viaxes do Imserso para esta temporada de outono están no aire

As viaxes do Imserso para esta temporada de outono están no aire

Quedaron suspendidas ata que o tribunal resolva os recursos que presentaron varios turoperadores

G24.gal 12/09/2023 14:33

Setembro é o mes que moitos xubilados marcan no calendario para elexir destino ao que viaxar, pero este ano terán que agardar porque polo momento as saídas do Imserso están no aire.

"Non me parece ben, porque a xente que xa ten unha idade o que quere é ter plans xa organizados para escapar destas calores que tivemos", comenta un dos afectados

O problema vén do recurso que presentaron varios turoperadores contra a adxudicación das viaxes a unha soa compañía, o que obrigou a paralizar o proceso ata que non se resolva o recurso.

"Se tarda máis de tres meses chegamos a novembro, e entón quen vai viaxar en pleno inverno".
"É un desprezo absoluto ás persoas maiores".

E ao malestar dos xubilados hai que engadirlle tamén o do sector turístico porque din que non é doado compaxinar os postos de traballo en temporada baixa.

É un programa que ten moita demanda, e que este ano conta con preto de 900.000 prazas en toda España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade