As vilas mariñeiras preparan con afán a procesión marítima do Carme
As vilas mariñeiras preparan con afán a procesión marítima do Carme
O domingo 16 é unha tradición histórica honrar a patroa dos mariñeiros e da Armada
Comezaron os apertados programas de actos destas vilas que celebran o Carme como Bueu onde este ano terá lugar o Campionato de España de Drons.
Unha tirada de fogos de artificio anunciou este serán a festa do Carme nesta vila pontevedresa que a celebra conxuntamente coa dos Dores.
De noite haberá verbena co grupo Claxon de Vigo no exterior do Centro Social do Mar e o sábado terá lugar esa competición de drons que este ano adquire rango de Campionato de España.
O domingo, día da procesión marítima, agardan que faga mellor tempo que nas últimas horas. As previsións meteorolóxicas indican que lucirá o sol. Moitos turistas acoden á Bueu esta fin de semana para desfrutar dunha procesión con moita raigaña na vila.