Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así sería a Primeira División galega no videoxogo Football Manager

Así sería a Primeira División galega no videoxogo Football Manager

Unha completa base de datos  recrea un elaborado sistema do fútbol galego no mítico FM2023

G24.gal 01/01/2023 14:12

Arousa, Bergantiños, Arenteiro, Lugo, Rácing de Ferrol, Coruxo, Ourense C. F., Pontevedra, Celta, Deportivo, Rácing Vilalbés e S. D. Compostela. Esa sería a Primeira División Galega da base de datos que recrea un sistema completo do fútbol galego no popular videoxogo Football Manager.

Samuel Nion leva 10 anos traballando nela, actualizando os cadros de xogadores das 5 niveis e varias subdivisións, selección galega, medios de comunicación... un total 220 equipos (126 xogables) e máis de 5000 xogadores e empregados galegos.  

Un arduo traballo que quixo compartir con todos os oíntes do Galicia en Goles para que aqueles que lles interese probar esta versión galega do Football Manager poidan facelo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade